¿Quén somos?

¿Quén somos?

A Asociación de Axuda á Integración Social CON.TI.GO constitúese en Burela en Agosto de 2016 como organización de natureza asociativa e sen ánimo de lucro, ao amparo do disposto no artigo 22 da Constitución Española, na Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación e demais lexislación aplicable.


¿Cal é a nosa labor?

  • Fomentar a participación na vida social e cultural da comunidade de todos os colectivos: INFANCIA, XÓVENES, MULLERES, PERSOAS MAIORES, FAMILIA E BERNESTAR.
  • Mellorar as relación de comunicación e as relación sociais entre os distintos colectivos e a sociedade.
  • Contribuir á mellora da calidade de vida de todos aqueles colectivos que se atopen en situación de necesidade
  • Contribuir Promover a integración de colectivos en situación de risco de exclusión social: xóvenes, mulleres e persoas da terceira idade, entre outros a impulsar e a dinamizar a vida das mulleres, coa finalidade de promover, fortalecer, consolidar o cambio de valores e da transformación necesaria para avanzar na igualdade real e efectiva por razón de xénero, con especial relevancia no ámbito rural para visibilizar e por en valor o papel das mulleres na mellora da calidade de vida, do asentamento da poboació e da dinamización do territorio en termos de igualdade e sustentabilidade.




Coñécenos máis...

Asociación de Axuda á Integración Social Con.TI.go e unha entidade sen ánimo de lucro, do eido social, que foi fundada no ano 2016 por un grupo de persoas preocupadas e concienciadas con certas problemáticas, que dan lugar a desigualdades e inxustizas sociais como por exemplo a violencia machista, conducta que tende a ir en aumento nos últimos tempos sobre todo entre os adolescentes.

Ca finalidade de dar resposta a este tipo de situacións a Asociación de Axuda á Integración Social Con.TI.go comezou nese mesmo ano de creación a traballar a educación en igualdade de xénero e a prevención da violencia de xénero en centros educativos con alumnxs de E.S.O a través de accións de sensibilización (talleres, relatorios e homenaxes on motivo de diferentes datas coma o 25N e o 8M, xa que a prevención e a educación son o mellor xeito de abordar esta problemática social que se está a producir na sociedade e que tanto nos preocupa.


Os fins para os que foi creada a asociación de Axuda á Integración Soial Con.TI.go,  son a Integración de colectivos en situación de risco de exclusión social; fomentar a participación na vida social e cultural da comunidade de todos os colectivos; mellorar as realcións de comunicación, e as relacións sociais entre os distintos colectivos e a sociedade; Contribuír á mellora da calidade de vida de todos aqueles colectivos que se atopen en situación de necesidade; Contribuír a impulsar e a dinamizar a vida das mulleres, coa finalidade de promover, fortalecer e consolidar o cambio de valores e da transformación necesaria para avanzar na igualdade real e efectiva por razón de xénero, con especial relevancia no eido educativo e no rural, para visibilizar e por en valor o papel das mulleres na mellora da calidade de vida, do asentamento da poboación e da dinamización do territorio en termos de igualdade e sustentabilidade.


A asociación pretende levar a cabo os seus fins a través de accións de sensibilización e concienciación social, información e formación en igualdade e prevención da violencia de xénero; accións socioeducativas de e comunicación; accións para a integración social, acción social e voluntariado.



Share by: